asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

II Xornadas da Reserva da Biosfera

  • 23 de Outubro 2013
  • Dentro das tarefas de difusión do Banco de Tempo, en novembro de 2008 estivemos participando nas II Xornadas da Reserva da Biosfera.

    Obradoiro de filloas

  • 22 de Outubro 2013
  • Unha das primeiras actividades grandes que fixemos, alá por febreiro do 2008, foi este obradoiro de filloas. Tratouse sobre todo dunha actividade para dar a coñecer a posta en marcha do banco de tempo.

    Aqui algunhas fotos do evento que saiu xenial!

    Ler mais…

    Facendo conservas

  • 22 de Outubro 2013
  • Outra das tarefas que partillamos foi a de aproveitar a froita de tempada facendo conservas para todo o ano.

    Primeiros intercambios

  • 22 de Outubro 2013
  • Os primeiros intercambios de tempo que fixemos foron tarefas de horta alá por setembro do 2007. Foi moi simpático comezar a usar as chequeiras de tempo para “pagar” polos servizos prestados… :)

    A outra cousa…

  • 21 de Outubro 2013
  • Logo xa dun certo tempo sen actividade e vendo que a motivación e interese polo Banco de Tempo non ía máis alá, en xuntanza celebrada o pasado 17 de xullo de 2013, decidimos deixar atrás este proxecto.

    Pechamos o Banco de Tempo!

    Foron máis ou menos catro anos de actividade significativa na que partillamos experiencia xuntos!
    A modo de lembranza, aquí fica a memoria fotográfica deste percorrido.

    Grazas a todos e todas os que fixestedes posibel esta iniciativa durante este tempo.
    Até sempre!

    Falaron de nós no praza

  • 15 de Xullo 2013
  • Nun excelente artigo que María Yañez publicou fai cousa dun ano no xornal dixital praza.com, falase deste banco de tempo :)

    Polo valor e interese que lle atopamos ás propostas do artigo, reproducimolo de xeito íntegro a continuación, agradecendo a consideración.

    Ler mais…

    Presentación en Ourense da Cooperativa Integral Galega

  • 2 de Xullo 2012
  • O martes que ven, día 3 de xullo.
    Preséntase en Ourense a COOPERATIVA INTEGRAL GALEGA no local de Anacos da Cidade

    A Cooperativa Integral Galega ten o pracer de anunciar as datas da 1ª Xira Galega de Charlas sobre Cooperativas Integrais.

    Un proceso de renovación económico e social integral, público e autoxestionado.

    O carácter sistémico da crise e a incapacidade dos nosos políticos para ofrecer solucións fai nacer a necesidade de crear unha nova economía de subsistencia e transición, capaz de unificar os proxectos necesarios para o cambio político e social. Estes proxectos teñen que dar cabida a profesionais e colectivos que desexen traballar dentro dun marco de relacións máis
    humanas e xustas, xa que só así a cidadanía poderá prantar cara á recesión económica, que está a terminar co estado de benestar.

    Destas premisas xurde a Cooperativa Integral, un organismo vivo, horizontal, inclusivo e participativo, que permite desenvolver e articular actividades que sirvan para xerar traballo digno e útil e un consumo sostible e responsable. A Cooperativa é un proxecto de autoxestión económica e política igualitaria e asemblearia que reúne tódolos elementos que compoñen a economía: produción, consumo, financiamento e moeda propia. E, ó mesmo tempo, procura integrar tódolos ámbitos da vida: traballo, vivenda, saúde, cultura, educación, etc.

    A curto prazo, as nosas metas serán:

    • Posibilitar o autoemprego (cooperativas de traballo).
    • Reducir a dependencia do euro e estimular o crecemento de moedas sociais a través de redes de cooperación (Ecoredes).
    • Reducir os prezos e facilitar a venda directa de produtos locais, ecolóxicos e artesanais.
    • Facilitar solucións colectivas a persoas insolventes e/ou en risco de exclusión social (alimentación, traballo, saúde, educación, vivenda,…).
    • Proporcionar a posibilidade de aforro comprometido con proxectos de innovación social, ética e sostible, ao marxe do sistema bancario tradicional (cooperativas de autofinanciamento).

    Os obxectivos do noso proxecto son, a longo prazo, os seguintes:

    • Construír un entramado de relacións económicas cooperativas e solidarias entre persoas e empresas sociais, alleo ás flutuacións dos mercados.
    • Abrir espazos que proporcionen servizos realmente necesarios: Centrais de Abastecemento, Oficinas da Vivenda, educación e aprendizaxe colectivo e proxectos de autoemprego vinculados a necesidades reais.
    • Transformar a sociedade outorgando o poder real ás persoas; para iso crearase un sistema propio de seguridade e previsión social para garantir a cobertura das necesidades básicas de tódolos membros.

    A Cooperativa Integral xa está en marcha, e no mes de xullo comezamos a primeira xira de charlas para achegar esta iniciativa a todos os galegos.

    Martes 3 de xullo. OURENSE.
    Hora: 20:30
    Lugar: Anacos da Cidade
    Enderezo: Rúa Paseo, Galerías vía Cambre, Entrechán, local 15

    Cursos gratuítos de UGACOTA nos centros da rede eusumo no mes de xullo 2012

  • 2 de Xullo 2012
  • Programación de cursos gratuítos que UGACOTA vai desenvolver nos Centros da Rede Eusumo durante o mes de xullo de 2012.

    Estes cursos son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo a difusión e coñecemento da fórmula cooperativa. Para coñecer os cursos programados no mes de xullo e realizar a inscrición, preme aquí.

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo